Primeira temporada
O Padre Horacio Casares, formado nun moderno seminario xesuíta, ten un soño: ir a Ruanda como misioneiro. Pero é destinado a Santo Antonio de Louredo, unha pequena vila da costa galega, para substituír a don Crisanto, o párroco de toda a vida. Horacio e os veciños de Louredo terán que facer fronte ás súas diferenzas. Malia todos os seus esforzos por adaptarse, Horacio acabará por pedirlle ao bispo que o releve do seu cargo. Pero don Crisanto adiviñará a verdadeira razón pola que Horacio quere marchar: Iria, a mestra da vila.
Segunda temporada Os habitantes de Louredo comezan a sentir afecto polo Padre Casares, aínda que non acaban de entender os seus modernos costumes. Católicos e ateos únense para evitar que Horacio marche da vila. O sacerdote resolve as súas dúbidas e decide aceptar o seu destino como párroco de Santo Antonio. Quédanlle por diante uns meses repletos de emocións. ![]() Terceira temporada
O novo alcalde de Louredo comeza a impoñer as súas estritas normas. As mulleres do PCAR (Partido Católico Apostólico Romano) semellan encantadas co cambio de edil. Pero non todos os veciños están dispostos a vivir baixo o réxime de don Crisanto, e mesmo os funcionarios pensan ir á folga. O Padre Casares buscará un sorprendente aliado para conseguir que as cousas volvan ao rego. ![]() Cuarta temporada
O Padre Casares leva un ano na vila, pero os seus fregueses non deixan de sorprendelo: mesmo fan unha colecta para que o sacerdote marche de vacacións. O que non sabe é que todo forma parte dunha estratexia para poder celebrar o salto do porco. Sinopses capitulos>> ![]() Quinta temporada
O cambio de goberno na Xunta de Galicia trunca as expectativas políticas de Delmiro, que tardará en asimilar o golpe. Pero malia que non vaia ser Conselleiro, os veciños de Santo Antonio de Louredo aínda precisan do seu alcalde. Aproxímanse tempos tumultuosos na vila, e o Padre Casares deberá afrontalos sen un dos seus principais apoios: Iria, a mestra. Con todo, Horacio recibirá a uns visitantes inesperados que non deixarán indiferente a ningún dos seus fregueses. Sinopses capitulos>> Sexta temporada 7ª TEMPORADA |
||||||||||||||||||||
|
||||||||||||||||||||